bandua net

A Consellaría de Innovación e Industria promocionará o uso do Software Libre entre o colectivo de traballadores autónomos galegos, subvencionando a adquisición de ordenadores persoais con ferramentas de tecnoloxía aberta, especialmente no referente ás aplicacións ofimáticas e de acceso á internet (Linux, Firefox e OpenOffice).

[+ info]

Como parte dunha nova liña de estudo, en busca de alternativas para unha nova sociedade máis saudabel e sostibel, imos analizar as características e repercusións do noso traballo, a nosa actividade, en nós mesmos e na nosa contorna. Para centrar o debate definín as características principais que debería reunir ese traballo “perfecto”, bautizado provisionalmente como altertraballo (outro traballo, outro estilo de traballar):

O altertraballo é unha aposta por realizar o traballo que realmente nos gusta, o tempo que nós consideremos oportuno e deixando suficiente espazo para o noso lecer; que estimula a nosa creatividade e axúdanos a desenvolvernos persoalmente. Un traballo polo que nos sentimos respectados e xustamente valorados, suficiente para manter unha vida digna, realizado coa calma e dedicación necesarios; un traballo no que depositamos a nosa confianza para unha vida de satisfaccións e prosperidade.

[+ info]

Rebelion.org é un medio de información -os seus editores prefiren chamalo “contrainformación”- formado por unha ducia de voluntarios/as que, segundo se pode ler na súa web, “publica as noticias que non son consideradas importantes polos medios de comunicación tradicionais”. Fai uns días, un dos seus colaboradores decatouse de que a Wikipedia bloqueou o acceso a este xornal desde a enciclopedia libre.

[+ info]

Reverso Servizos Lingüísticos

Reverso Servizos Lingüísticos é a primeira empresa de Galicia especializada na lingua galega que ofrece servizos lingüísticos integrais atendendo ao perfil e ás necesidades dos seus clientes.

A Consellaría de Cultura e Deporte convoca axudas para producir contidos interactivos en lingua galega. Os proxectos poden ter como canle internet, televisión dixital interactiva, consolas de videoxogos ou dispositivos móbiles. O prazo de presentación das solicitudes remata o 12 de Xullo.

[+ info]

A cultura e a lingua galega terá máis presenza na rede. Ou polo menos isto é o que pretenden a Consellaría de Industria e o Ministerio homónimo. No marco do Plan Avanza, para fomentar a sociedade da información entre os cidadáns, preténdese crear un programa chamado Cidadanía dixital. Esta iniciativa contempla a creación de liñas de axuda e a convocatoria de premios que promovan a produción e publicación na rede de contidos culturais e conta cunha partida orzamentaria de 3 millóns de euros (1.842.077 por parte do goberno central e 1.229.000 por parte do autonómico).

Fonte: culturagalega.org

Hoxe, venres, 27 de xullo, publicouse no DOG a orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesións de subvencións para a produción de curtametraxes en versión orixinal en lengua galega, así como videoclips, contidos interactivos e proxectos de creación net-art, e se convocan para o ano 2008.

[+ info]

Páxina anterior »