El Pont d'Arcalis
Música catalana en Lalín

14 de febreiro no Auditorio de Lalín
Ciclo Venres Básicos

Emblemático grupo de folque catalán con grandes nomes da música popular e tradicional de Catalunya entre eles, Jordi Fábregas (director de El C.A.T -recoñecido centro adicado ó estudio, investigación, divulgación e programación da música folk a nivel internacional-), o xoven sanfonista Marc Egea que colabora con Rafa Martín, Patrik Lefeuvre e Germán Diaz nun espectáculo sobre a sanfona en Europa e o investigador e músico Arthur Blasco, acordeonista e dono da "Colección de Acordeóns Diatónicos Arthur Blasco".

O 14 de febreiro, presentan o seu disco Lluna Vella sobre tonadas e cantos dos Pirineos. É o terceiro disco deste grupo basado no traballo de investigaciín do acordeonista Arthur Blasco sobre os Pirineos.



Arthur Blasco: acordeón diatónico, concertina e voz.
Marc Egea: sanfona.
Jordi Fábregas: guitarra, gralla.
Isidre Pelaez: tarota, flauta traveseira e flautí.
Quim Soler: percusións.


É unha única oportunidade de ver música catalán en directo e de apoiar a música folque en Galiza para que non voltemos a presenciar como público a desaparición do que antes eran os Vernes Folk.

Ficades convidados ao concerto.

http://personal4.iddeo.es/primeranota
http://www.tradicionarius.com

CONSERVATORIO DE MUSICA TRADICIONAL E FOLQUE DE LALIN - 2003