PROGRAMA DE ESTUDIOS DO CURSO MONOGRAFICO DE GUITARRA
CONSERVATORIO DE MUSICA TRADICIONAL E FOLQUE DE LALÍN

01. INICIACIÓN A GUITARRA
Þ Historia do instrumento: (problemas, quintaxe, mastil, coidados).
Þ Exercicios de quencemento, afinación e correción de posición.
Þ Emprego correcto da púa, arpexiado, escalas, rítmicas e picking.
Þ Exercicios de relaxación.

02. REPERTORIO POR NIVEIS
Þ Repertorio galego.
Þ Outros: Bretón, Irlandes, Europa do Leste...
Þ Iniciación ó solfeo do instrumento.

03. ESCALAS E MODOS

04. AFINACIÓNS ALTERNATIVAS, ACORDES
Þ Dadgad, cejillas...
05. RÍTMICAS
Þ Compases binarios, ternarios e amalgamados. Técnica de púa en cada caso.
06. ARMONÍA
Þ Tonal e modal. Rearmonizacións de temas tradicionais galegos e extranxeiros.

07. DISCOGRAFÍA BÁSICA

08. BIBLIOGRAFÍA INTRODUCTORIA

09. EFECTOS DO INSTRUMENTO

Þ Glisandos, cordas mortas, tapping.
10. EFECTOS ELÉCTRICOS
Þ Control de pedales, etc.

* As clases serán estructuradas polo nivel que cada alumno teña, e na medida do posible, con carácter individual.


RAMON FEÁNS RAMOS

Þ Fundador do grupo folque Ophiusa na decada dos 80, co que realizou duas xiras polas illas británicas, actuacións na 1ª e 2ª edicións do Festival Cidade Vella (Santiago), ademais de diversas gravacións: "Mostra galega de música folk"; "Certámen de música celta e rock" (1988).

Þ
Integrante do grupo Almofrei (1995-1999), co que acadou o terceiro premio do "Certame Galego da Canción Xuventude `97" o que lle valeu para incluir dous temas nun disco compartido.

Þ
No ano 1999 grava o disco "Feitizo" da cantautora ferrolana Paloma Suances, acompañandoa tamén nos seus directos.

Þ No 2000 grava xunto a Daniel Sisto e Pablo Perez o disco "Ball-cans" no que se incluen temas da sua propia autoria.

Þ Xunto co grupo de Pandereteiras Anubía grava o disco "Segredo a Voces" que presenta na Compostelana praza do Toural no verán do 2001.

Þ Entre outros concertos con esta formación podense destacar: Festival Intercéltico do mundo celta de Ortigueira (2002), Festival Actual de Logroño (2002), Mercat de la Música Viva de Vic (Barcelona, 2002), Festival Internacional Castillo de Ainsa (Huesca, 2002), ...

Þ Na actualidade e compoñente do grupo Driade co que acadou o primeiro premio no concurso SonsGaliza, tendo pendente a gravación do primeiro disco desta formación.
Xunto con Pablo Perez, Max Gomez e Paulo Gacio está a traballar no proxecto musical de folk progresivo Obi.