Þ DILLEI propón un novo camiño para o musical en galicia; un espectáculo onde a teatralidade e a música se conxugan
indisolublemente.
Þ DILLEI parte na busca de novos públicos, coa música en directo tanto tradicional coma electrónica, a narración dun dos mellores contadores de hoxe en día, Carlos Blanco, e unha posta en escena espectacular cun amplio despregue de luz, son e mesmo proxeccións de video en pantalla
xigante.
Þ DILLEI componse de dous "corpus" centrais, prologados pola lectura/recitado dun poema cedido por Antón Reixa para o espectáculo, caracterizado polo peculiar humor e xeito de escrita de
Reixa.
Þ No primeiro dos grandes "corpus" ironízase sobre a música tradicional, as súas letras, as cantigas, os comportamentos de todos e todas fronte delas; ¿quén inventa esas letras?, ¿qué queren dicir?, ¿ter un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía non é bigamia?, ¿canta xente fai play-back cando soa o himno galego?. A estas e outras moitas preguntas tentamos dar reposta.
Þ Como enlace entre as dúas grandes partes de DILLEI serve (segundo a propia definición do narrador) un monólogo mutante, un espacio que o director, autor e narrador de
DILLEI, Carlos Blanco reserva exclusivamente para el, para contar as súas historias, sen guión, sen trabas e sen censuras.
Þ O segundo grande "corpus" de DILLEI achégase ao futuro, á ciencia ficción, un xénero pouco ou case nada abordado na nosa escena. Unha historia épica narrada en base ao texto de Carlos Blanco e apoiada na poesía de Lucía Aldao, escrita e adaptada especialmente para o espectáculo.
Þ "Pandereteirax" é a historia de catro super-heroínas (Xiana, a muller aturuxo; Lúbrica, a muller tres en unha; Tebra, a muller da negra sombra e Amarga, a muller sen alcume) que se atopan e coñecen nunha noite do ano 128 despois do Prestige na entón capital de Galaecia: As Pontes de García Rodríguez.
Þ A presencia do dj que da mesmo nome ao espectáculo non é obviamente casual. Ademáis dun profesional que aportará ritmo e estilo ao espectáculo, o dj supón nos nosos tempos unha figura en auxe.
Þ O dj é un suministrador de ritmos, un pequeno dictador que decide cándo e cómo os demáis deben bailar. En
DILLEI é unha figura indiscutible.
Þ Non será todo obviamente, a presencia de catro actores-cantantes en directo puntuará o discurso do narrador de xeito permanente. Un diálogo entre tres será o cerne do espectáculo pero ao mesmo tempo é tamén o risco e a novidade que plantexa
DILLEI.
Þ DILLEI
fala de cousas entendibles e disfrutables por un público amplio.
Busca espectadores intelixentes, críticos, pero de calquera
idade. Propón unha visión dunha Galicia moderna, capaz de sorprender
e innovar.
DILLEI quere ser e será unha posta ao día do musical no
noso país.
Visita
a web oficial
http://www.nordesia.com/info/031210dillei.html